POEMA GALEGO

Author: SENIOR-PON /



TECÍN SOIA...

ROSALÍA DE CASTRO (1880)
Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.
Nin na fonte nin no prado,
así morra co carrax,
él non ha de virme a erguer,
él xa non me pousará.
¡Qué tristeza! O vento zoa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soiña te hei de cear.
Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas
sinto negras soidás.
O neu homiño perdeuse,
ninguén sabe en ónde vai...
Anduriña que pasache
con él as ondas do mar,
anduriña, voa, voa,
ven e dime en ónde está.